Pequenos
Grandes Momentos

O que nos move

Estamos contigo e cos teus seres queridos, almorzando, ás veces apresurados e ás veces tranquilos, pero sempre cun sorriso. Tamén cando estás a desfrutar en silencio do teu momento. Estivemos nesa festa de aniversario que non esperabas. E tamén o outro día, rindo a gargalladas mentres vías aquela serie. Ou cando a pequena apagou as candeas, e esa non se apagaba. E alí estaremos mañá, nesa mirada de complicidade que necesitas para seguir.

En Idilia, cremos que os pequenos grandes momentos son os que dan sentido á nosa vidas cotiá, aqueles que parecen pasar desapercibidos e nos fan sentir tan ben. En Idilia, coñecémolos moi ben, porque levamos moitos anos creándoos contigo.

O noso compromiso é seguir creando eses momentos cheos de pracer, que che engaden vida, que che acompañan e que che emocionan. Pequenos e grandes momentos que forman parte da túa vida e da nosa. Porque cando algo che fai sentir ben, non é pequeno. É enorme.

Pequenos
Grandes
Momentos

swipe