Política de seguridade e saúde laboral

ldilia Foods concibe a Seguridade e a Saúde Laboral (SSL) como un proceso integrado en todas as súas actividades e estratéxico para a continuidade da compañía.

A dirección de ldilia Foods asume como unha prioridade desenvolver esta Política de Seguridade e Saúde Laboral a través do Sistema de Xestión da SSL, cuxo obxectivo principal é proporcionar unha contorna de traballo segura e saudable para previr lesións e a deterioración da saúde relacionada co traballo das partes interesadas pertinentes.

Para iso, ldilia Foods promove os seguintes principios básicos, que deben presidir todas as actuacións da organización:

  • Liderado activo e presente dadDirección como compoñente inherente á súa responsabilidade xerárquica, a quen compete liderar os programas de SSL asegurando a aplicación das normas en toda a liña de mando e apoiando outros roles pertinentes.
  • Definición duns obxectivos de SSL e supervisión do desempeño para conseguir a mellora continua do sistema de xestión de SSL, coa máxima participación de toda a organización.
  • Cumprimento dos requisitos legais e outros requisitos, así coma dos procedementos e instrucións propios.
  • Análise sistemática dos riscos e as oportunidades que permitan eliminar os perigos e reducir os riscos para a SSL, coa implicación dos empregados/as e os seus representantes, así como a dos provedores de servizos, adoptando as accións necesarias para a prevención dos accidentes e a promoción de hábitos saudables.
  • Investigación de todos os incidentes, accidentes e enfermidades profesionais como ferramenta para a mellora continua e aprendizaxe para a súa prevención.
  • Promoción de programas de formación, información e motivación axeitados e continuos que permitan a todos os empregados/as coñecer tanto os riscos e impactos derivados do seu traballo, como a súa importancia e o modo de previlos.
  • Fomento da participación, a consulta, a implicación e o sentido da responsabilidade de todos os nosos empregados/as e outras partes interesadas pertinentes cara a unha cultura de SSL vista como unha actitude e unha vontade, que se basea no respecto e o cumprimento dos procedementos, así coma na iniciativa e contribución ao seu perfeccionamento.
ADB
foro de marcas renombradas españolas
ADB
foro de marcas renombradas españolas